Mostrando entradas con la etiqueta La Voz de Galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta La Voz de Galicia. Mostrar todas las entradas

Xosé Ramón Castro en el Test de CanteiraCeleste.com

Test CanteiraCeleste.com | Xosé Ramón Castro
Continuamos con la sección de la web estrenada la temporada pasada, el Test de CanteiraCeleste.com, en la que cada semana un periodista o persona relacionada de algún modo con el Celta responde a cinco preguntas básicas con total libertad para exponer sus argumentos, ideas u opiniones acerca del Club y su cantera.

En esta ocasión, el encargado de hacerlo es Xosé Ramón Castro, periodista deportivo de La Voz de Galicia que cubre asiduamente la información del Celta para este diario.

¿É o Celta para ti un 'clube de canteira'?
Un clube de canteira é aquel que fundamenta a súa filosofía no traballo ca súa base e que lle de oportunidades aos seus xogadores. O Celta ten esta filosofía e mantenna, pero con matices. 
No primeiro equipo o seu crecimiento pode condicionar a presenza de xogadores da base, aínda que a día de hoxe hai catro titulares da casa o que é un dato interesante e que a maioría dos clubes de Primeira División non poden igualar.
O Celta B...
É o burato negro da xestión Mouriño. Cecais por falta de definición. Se a aposta é levalo a Segunda A, igual o camiño é un Vilarreal B e buscar incluso un C para o Celta, e se o camiño é a formación de fútbolistas está claro que aposta ten que estar na xente da casa e que os de fóra deben ser incorporacións concretas e contrastadas. 
Polo menos este ano a nivel táctico o equipo filial xoga ao mesmo, algo que non pasou con ningún dos tres adestradores do ano pasado. 

A canteira en xeral...
Nesta etapa de crecemento do Celta, manter o pilar ca canteira parece fundamental, pero sobre todo a nivel de formación, máis aló de resultados deportivos. Está moi ben participar e gañar torneos e ligas, pero sobre todo hai que fabricar un modelo Celta a través de metodoloxía de traballo. 
Se esa idea que xa existe e se leva a cabo garante o futuro da entidade e da filosofía actual. Coido que para medrar, ademáis dunha Cidade Deportiva que vai para longo, é necesario seguir expandindo e perfeccionando o modelo.

¿Un canteirán? ¿E porqué?
Sergio Álvarez. 
Representa todos os valores que debe ter unha persoa e un futbolista, por esta orde. Leva toda a vida no clube, traballou como ninguén, soupo esperar o seu momento e cando lle chegou, amosou a súa valía. 
Ten un arraigado sentimento de clube e sempre antepuxo os intereses da entidade aos seus propios. Un exemplo que o clube debería explotar internamente cos seus canteiráns de futuro. 

Define o Celta ou a súa canteira, nunha frase.
"Canteira, tan necesaria como innegociable "


Esta sección recoge única y exclusivamente la opinión del invitado de cada semana que, en todo caso, se muestra sin ningún tipo de censura. CanteiraCeleste.com puede no compartir las opiniones de los participantes y no asume ninguna responsabilidad sobre ella.


Publicado por Redacción