Christian García en el Test de CanteiraCeleste.com

9 de abril de 2016
'Test CanteiraCeleste.com' | Silvia Bermúdez
Continuamos con la sección de la web estrenada la temporada pasada, el Test de CanteiraCeleste.com, en la que cada semana un periodista o persona relacionada de algún modo con el Celta responde a cinco preguntas básicas con total libertad para exponer sus argumentos, ideas u opiniones acerca del Club y su cantera.

Undécimo invitado del 2016 en esta sección y, en esta ocasión, el encargado de hacer nuestro cuestionario es Christian García, presidente de la Peña Celtista Preferencia Celeste y que se describe así: "Teño 35 anos e levo uns dez anos sendo socio do Celta. Celtista de toda a vida, de cando se tiraban almohadillas ó rematar o partido, e de cando o árbitro o facía descaradamente mal podiamos ir dicirlle á saída que era un 'ladrón'".

¿É o Celta para ti un 'clube de canteira'?
Penso realmente que o Celta ata fai pouco nunca foi un clube de canteira pero, motivado pola crise económica, viuse na obriga de obter xogadores a baixo custe, e creo que ese foi o motivo real do pulo inicial pola canteira.
Agora mesmo, pola contra, si que o Celta deposita tempo e cartos no proxecto, e xa se pode empezar a falar de clube de canteira.
O Celta B...
Históricamente somos un clube que fai algúns bos xogadores, e os vende para sacar cartos. Temos deixado escapar algunhas perlas que, nalgún caso, logo tentamos recuperar sendo imposible. Penso que temos na canteira para daquí a uns anos subir varios xogadores, e o que temos que ter é paciencia con eles, xa que soemos criticar moito antes ós da casa, cando moitas veces son os que máis sinten as cores.

A canteira en xeral...
O Celta B leva varios anos con demasiados cambios tanto de xogadores como de entrenador, o que impide ter un esquema de xogo e unhas ideas xeráis claras. O descenso e a compra da praza é un acerto se agora mantemos a categoría sobrados, e é un fracaso se descendemos ou rematamos a piques do descenso.
Penso que mercar xogadores de fóra para ascender a Segunda e logo volver retomar a canteira é unha opción a ter en conta, pero se realmente a fin é que os canteiráns dean o paso a Primeira máis fácil. Se o fin é simplemente ter un segundo equipo, eu non faría cambios nin mercaría praza, centraría os esforzos en manter e ampliar o bloque de canteiráns coa vista posta no futuro máis que no presente

¿Un canteirán? ¿E por qué?
Iago Aspas. Ten a sorte e o privilexio de sendo celtista coma nós, poder defendelo ó outro lado das vallas de publicidade en Balaídos.

Define o Celta ou a súa canteira, nunha frase.
" O Celta é unha bendita condena."

Esta sección recoge única y exclusivamente la opinión del invitado de cada semana que en todo caso se muestra sin ningún tipo de censura. CanteiraCeleste.com puede no compartir las opiniones de los participantes y no asume ninguna responsabilidad sobre ella.


Publicado por Redacción