'Pacho' Oliveira renuncia al cargo de seleccionador gallego sub-16

2 de marzo de 2017
Pacho Oliveira estuvo al frente de la Selección Gallega sub-16 durante dos temporadas
El pasado fin de semana tuvo lugar la Segunda Fase del Campeonato Nacional de Selecciones Autonómicas. El municipio pontevedrés de A Estrada acogió los encuentros del Grupo C y pudo celebrar la clasificación de la Selección Gallega para disputar la Fase Final en categoría sub-18.

También fue muy reseñable el trabajo del combinado irmandiño en categoría sub-16. Tras lograr un punto en la Primera Fase, los cadetes gallegos lograron un pleno de victorias en esta Segunda Fase para finalizar su participación en el Campeonato Autonómico en novena posición con siete puntos.

Así las cosas, Ángel "Pacho" Oliveira decidió dejar el cargo de seleccionador gallego sub-16 por motivos personales. El entrenador de Cambados comunicó su decisión a la dirección deportiva y a la propia Federación Gallega de Fútbol, la cual le deseó "lo mejor en su futuro personal y profesional, a quien le damos las gracias por su trabajo realizado, sus aportaciones y su exquisito comportamiento". Por su parte, Pacho puso fin a su etapa con la siguiente carta de despedida:
Amigos,
Rematada a segunda fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que tan brillantemente organizou en A Estrada a Federación Galega de Fútbol, no que ó bo papel desempeñado pola selección galega sub-16 hai que sumar o enorme éxito da clasificación para a fase final de dito campionato por parte da selección sub-18, cumpre anunciar publicamente o que dende hai semanas comuniquei á dirección deportiva da nosa federación: a miña renuncia de xeito inmediato ó cargo de seleccionador galego sub-16 de fútbol masculino.
Dicía o recordado ex presidente Adolfo Suárez que “hay momentos en la vida de todo hombre en los que asume un especial sentido de la responsabilidad…”, e eu tamén creo que a teño asumido dignamente nos case dous anos nos que fun seleccionador galego sub-16. As razóns que explican a miña renuncia neste intre teñen que ver con ese sentido meu da responsabilidade e coa necesidade persoal de buscar novos horizontes nos que tentar atopar retos persoais, profesionais e deportivos diferentes ós actuais.
Quixera, nesta sinxela despedida, non esquecerme de agradecer a tódolos que durante este tempo depositaron en min a confianza necesaria e me prestaron o seu apoio, dende o presidente Rafael Louzán, o director deportivo Manuel Fernández, o responsable de comunicación José Luis Chantrero, os compañeiros técnicos das seleccións sub-18 e sub-12 e das seleccións comarcais, ate todos e cada un dos membros que compoñen esta Federación; puiden comprobar de perto que traballan sen descanso como di o noso lema: “Unidos polo fútbol galego”.
Tamén, aínda que xa tiven ocasión de dicirllo ónde conviña facelo, é xusto que mostre aquí a miña eterna débeda de gratitude para co grupo de colaboradores que tan estreitamente me axudaron nesta responsabilidade. A Roberto Álvarez (Axudante do seleccionador), Adrián Fernández (Preparador físico), César Caamaño (Adestrador de porteiros), Dr. Xoán Manuel Fernández Bastida (Médico) e José Manuel Varela Lendoiro (Fisioterapeuta), a lección de humanidade e profesionalidade que recibín deles non a esquecerei nunca.
Capítulo aparte merecen dúas das persoas que mellor exemplifican o amor polo fútbol galego e a abnegación no traballo e dedicación continuos a prol do escudo coa cruz de Santiago. A José Luis Vázquez García “Guerrero” e a Manuel Pan Varela “Pino” eu débolles moito, porque o seu exemplo significou para min a inxección de enerxía necesaria para rexurdir nos malos momentos.
Para o final, como a cortesía nos ensina, sempre se deixa a mención para os verdadeiros protagonistas de cada historia. No fútbol, que ninguén o dubide, o protagonismo correspóndelle ós futbolistas. A eles, a todos eles, ós que compartiron con nós algún partido, algún adestramento, mesmo algunha conversa, durante todo este tempo, non me queda máis que decirlles GRACIÑAS, seguide adiante na procura dos vosos soños e ogallá lembredes coa mesma ledicia ca min o voso paso pola selección galega, para que nos vosos corazóns sintades algo semellante ó que sentiu o máis ilustre dos meus paisanos, o poeta Ramón Cabanillas, cando escribiu:
“¡Galicia! Nai e señora, sempre agarimosa e forte…”.
Jose Ángel Vázquez Oliveira, conocido en el mundo del fútbol como 'Pacho' Oliveira, llegó a la Federación Gallega de Fútbol en octubre de 2015 para hacerse cargo del combinado sub-16. En la temporada 2015/2016 los resultados no acompañaron en el Campeonato Autonómico. En la Primera Fase, disputada en Vigo, Galicia sub-16 sumó una derrota y una victoria. Un triunfo ante Ceuta que sería el único logrado aquella temporada, pues en la Segunda Fase el combinado cadete cayó ante Islas Baleares y Castilla La Mancha.

Esta temporada, la Selección Gallega sub-16 no comenzó con buen pie tras sumar una derrota y un empate en la Primera Fase. Sin embargo, el trabajo que jugadores y cuerpo técnico han realizado a lo largo de la temporada tuvo premio en una Segunda Fase excelente, en la que los pupilos de Pacho mostraron su mejoría con sendos triunfos ante Madrid y Ceuta.

Antes de llegar a la Federación Gallega de Fútbol, el preparador cambadés había sido seleccionador comarcal de Pontevedra y entrenador del Cambados en Preferente y del Sanxenxo en Tercera División. Pacho cierra una bonita etapa en su trayectoria profesional, a quien desde aquí le agradecemos su trabajo y sus aportaciones al fútbol base gallego y, por supuesto, le deseamos la mejor de las suertes en su próxima aventura.


Publicado por Redacción